Please enable JS
  • slider21.jpg

O pasado día 10 de novembro desenvolveuse un encontro organizado polo Centro de Investigación de Telecomunicación da Universidade de Vigo en colaboración co Capítulo Español e o Capítulo Portugués da Sociedade de Educación do IEEE que se denominou "Xogos serios en educación". En modalidade híbrida, permitiu a asistencia presencial ou telemática. No encontro déronse a coñecer múltiples experiencias de traballo nesta modalidade, tamén a experiencia do Grupo de Investigación Stellae a través da participación de Silvia López-Gómez e Fernando Fraga-Varela. Por parte de Silvia deuse conta das experiencias tanto no deseño, uso e avaliación dos xogos serios facendo especial insistencia nas últimas publicacións neste sentido tanto na Revista Galega de Educación (https://rge.gal/wp-content/uploads/2020/05/68-revista-galega-de-educacion.pdf ) como o monográfico nº 84 e 85 na Revista Colombiana de Educación (https://revistas.pedagogica.edu.co/index.php/RCE/issue/view/654 ) ou o libro Videoxogos e oportunidades educativas (https://acortar.link/H7Ii1d ), entre outros. Por parte de Fernando Fraga compartíronse experiencias de investigación en centros educativos avaliando a súa implantación e beneficios en espazos escolares normalizados https://doi.org/10.3916/C69-2021-10 , un traballo de análise desde a perspectiva de xénero (https://doi.org/10.3390/su13126586 ) así como as implicacións no Desenvolvemento Profesional Docente (http://dx.doi.org/10.3390/educsci13101029 ) Tamén mostrou a proxección deste traballo no Proxecto eProFun, no que tamén colabora persoal investigador do centro atlanTTic. da Universidade de Vigo.

 

 

juegos serios jornadas