Please enable JS
  • slider21.jpg

O pasado 10 de abril foi unha tarde marcada pola innovación e o debate sobre o papel da tecnoloxía na educación, debido a que levou a cabo a presentación do libro " Videojuegos y oportunidades educativas. Orientaciones para su diseño, análisis y uso". O evento tivo lugar na contorna máis acorde á temática do libro: o Museo do Videoxogo de Cangas do Morrazo (MUVI), onde expertos do ámbito dos videoxogos e da educación congregáronse para compartir as súas ideas sobre a potencialidade destes e os prexuízos que normalmente se asocian aos mesmos.

A obra, coordinada por Jesús Rodríguez Rodríguez, Silvia López Gómez (Universidade de Santiago de Compostela), Diana Marín Suelves e Isabel Vidal Esteve (Universitat de València), ofrece unha visión integral sobre o potencial dos videoxogos como ferramentas pedagóxicas. Desde o seu deseño ata a súa implementación na aula, proporcionando orientacións prácticas para aproveitar ao máximo esta forma de entretemento dixital no proceso de ensino-aprendizaxe.

Durante a presentación, os coordinadores do libro compartiron as súas reflexións sobre a importancia de repensar a educación na era dixital e a necesidade de adaptar as metodoloxías pedagóxicas ás novas realidades tecnolóxicas. Así mesmo, destacaron a relevancia de entender os videoxogos non só como formas de lecer, senón como ferramentas capaces de fomentar o pensamento crítico, a resolución de problemas e a colaboración entre estudantes.

Para máis información, non deixen de consultar na seguinte ligazón a web de Código Cero, onde tamén fixeron eco desta noticia.

https://codigocero.com/Ou-MUVI-acolleu-a-presentacion-dun-libro-que-trata-a-relacion-entre-videoxogos-e

 

 

MUVI2

 

MUVI1png