Please enable JS
  • slider21.jpg

Más de vinte investigadores do proxecto Secundari@ Digit@l desprazáronse a Santiago de Compostela o pasado 22 de abril para a realización da primeira reunión presencial no marco do proxecto, a cal tivo lugar en Aula Frei Sarmiento da Facultade de Ciencias de Educación. Este encontro, que reuniu a investigadores principais e membros do equipo de traballo, contou coa participación de representantes das tres universidades galegas (UVigo, UDC e USC), así como da Universidad de Valencia e a Universidad da la Laguna.

Durante a reunión, examináronse os avances alcanzados nos estudos I e II do proxecto, establecendo datas para a finalización do informe final do estudo I e delineando os primeiros pasos para o estudo III, que incluirá a selección de centros educativos para casos de estudo. Ademais, discutíronse propostas de publicacións relacionadas cos primeiros estudos e planificouse a participación en monográficos sobre a temática.

O compromiso coa mellora do ensino secundario no contexto dixital fíxose evidente a través desta reunión inaugural, que marca un esforzo conxunto pola volta á presencialidad e ao traballo en equipo na investigación no contexto universitario.

 

proyectoSUSO2024.png