Please enable JS
  • slider21.jpg

Uxía Regueira, integrante do Grupo de Investigación Stellae, presentou este martes 18 de xuño, a tese doutoral: "Dispositivo de xénero e prácticas de participación intermediada con contornas híbridas. Un estudo fenomenográfico de mulleres adolescentes de Galicia para repensar a competencia dixital" dirixida pola profesora Adriana Gewerc.

WhatsApp Image 2024 06 19 at 13.18.13

O traballo aborda os procesos de interacción e participación intermediada por tecnoloxías dixitais articuladas na cotianeidade adolescente para cartografiar as oportunidades de negociación do constructo de xénero nas prácticas de representación de si, as competencias que se poñen en xogo para o exercicio da participación e os axentes que median esta negociación. Os principais resultados apuntan a que a experiencia das participantes constrúense dende a autoconcepción como man de obra e produto ou mercadoría dun modelo de negocio.

O tribunal estivo composto polo Dr. Fernando Barragán da Universidade da Lagoa, Dra. Aquilina Fueyo da Universidade de Oviedo e a Dra. Inés Dussel do Centro de Investigación e Estudios Avanzados do Instituto Politécnico Nacional de México.

Noraboa, compañeira!

WhatsApp Image 2024 06 19 at 09.30.32