O pasado 28 de xuño, nas XXXI Xornadas Internacionais Universitarias de Tecnoloxía Educativa, Ángela González-Villa, Ana Rodríguez-Groba, Almudena Alonso-Ferreiro e Esther Vila-Couñago, integrantes do Grupo de Investigación Stellae, recibiron o Premio á Mellor Comunicación en Impacto Social da Tecnoloxía Educativa co traballo "Chicos CIS e influencers: catro casos, a mesma foto".
A comunicación premiada enmárcase no Proxecto EDIGA (PID2019-108221RB-I00) financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (MCIN/AEI/10.13039/501100011033). Trata dun estudo de caso con 4 adolescentes identificados como homes cis para coñecer os influencers que seguen e as expresións de feminidade e masculinidade que estes transmiten para a análise da influencia destas representacións nas prácticas das adolescencias en Instagram.
Noraboa, compañeiras!