Please enable JS
  • slider21.jpg

A profesora Rebeca García Murias, como membro da Rede NICE, participa no congreso "2024 NICE Academy "Retracing our roots: Cultivating the Future of Career Guidance and Counseling" que tivo lugar na Saxion University of Deventer (Holanda), os días 18-21 de setembro de 2024.

O encontro celebrouse no marco da NICE Network. Network for Innovation in Career Guidance and Counselling in Europe, da que forma parte como socia e fundadora desde hai 15 anos. Este ano, co encontro, celebraron o seu Décimo Aniversario e, a través dun simposio, invitouse a diferentes membros da rede, todos eles profesionais no ámbito da orientación nun ámbito internacional, a intercambiar experiencias e retos alcanzados durante a súa traxectoria ao longo destes anos.

 

Portal

 

Un dos temas álxidos foi o futuro da orientación para a carreira a través do impacto da intelixencia artificial (IA). Ademais, outras das temáticas abordadas foron: Tendencias actuais en orientación e asesoramento para a carreira, especificamente en relación coa migración, a dixitalización, o traballo internacional e a mobilidade académica-profesional; as últimas investigacións sobre orientación e asesoramento profesional; as competencias sobre IA; o networking con profesionais da orientación para a carreira en Europa; e, a supervisión sobre o apoio á carreira ou a formación académica.

 

noticia

 

Para máis información acerca da rede e o encontro: https://www.nice-network.eu/Events/Deventer-2024/