Please enable JS
  • slider21.jpg

Os días 27 e 28 de setembro celébrase no campus da Universidade Complutense de Madrid a terceira edición do congreso sobre Educación Crítica e Inclusiva.

Nesta edición, catro membros do Grupo de Investigación Stellae, Ana R. Guimeráns e Pablo Gayo, Abraham Bernárdez Gómez e a colaboradora Almudena Alonso,  desprazáronse ata Madrid para asistir e participar no encontro cun total de catro comunicacións.

O primeiro dos traballos presentados por Pablo Gayo e Ana R. Guimeráns baixo o título “A mercantilización da educación analizada na lexislación educativa española” céntrase na análise crítica das dúas últimas leis educativas do noso país, a LOMCE e LOMLOE, co fin de coñecer a súa posición con relación á mercantilización da educación por encima dos principios constitucionais como a igualdade ou o desenvolvemento persoal.

“A interseccionalidad nos estudos sobre TEA: Unha análise bibliométrico”, a segunda comunicación dos mesmos autores aborda unha revisión sistemática dos estudos sobre o Trastorno do Espectro Autista (TEA) desde unha perspectiva interseccional, recoñecendo as complexidades e interrelacións das diversas formas de discriminación dos colectivos historicamente máis vulnerables, como pode ser o caso das mulleres, persoas do colectivo LGTBI, entre outras.

MadridAnaPablo

Almudena Alonso Ferreiro presentou, xunto ás súas compañeiras da Universidade de Vigo Carla Míguez. Marcos Ga-Loureiro e María Ainoa Zabalza, un traballo titulado “Robótica Educativa para unha Cidadanía Dixital Crítica na formación inicial do profesorado de Educación Infantil”.

MadridAlmu

Por último, o traballo de Abraham Bernárdez xunto á xa mencionada carla Míguez, abordou “o uso de TikTok como ferramenta didáctica na formación de docentes desde unha perspectiva crítica”.

Unhas xornadas moi interesantes e cunha gran presenza do noso grupo!