A 42ª sesión da Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 2023 proclamou o 17 de outubro como o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial, unha xornada dedicada a recoñecer e promover a diversidade cultural e as tradicións que enriquecen as nosas sociedades.
Para celebrar este día e poñer en valor o patrimonio inmaterial de Galicia invitamos á lectura do artigo “Analysis of cultural heritage in music didactic materials in Galicia”, publicado no International Journal of Music Education o pasado ano 2023 por dous membros do grupo de investigación Stellae (Antía Cores e Jesús Rodríguez). Nesta investigación analízase a presenza do patrimonio cultural de Galicia nunha selección de materiais didácticos musicais, en concreto, álbums musicais publicados en lingua galega.
Acceso á publicación: https://journals.sagepub.com/doi/abs/10.1177/02557614221107915