Membros de Stellae colaboraron na elaboración da “Guía para a produción e uso de materiais didácticos dixitais. Recomendacións de boas prácticas para produtores, profesorado e familias”.
Trátase dun recurso derivado do proxecto de investigación titulado “A escola da sociedade dixital: análise e propostas para a produción e uso dos contidos dixitais educativos” (Escuel@ Digit@l), Proxecto I+D+i EDU2015-64593R financiado polo Plan Estatal Retos de Investigación (Goberno de España). Tamén recibiu financiamento do Programa de investigación en Ciencias Sociais “María Rosa Alonso” do Cabido Insular de Tenerife.
O proxecto foi levado a cabo no período comprendido entre 2016 e 2019 polos seguintes grupos de investigación: EDULLAB (Laboratorio de Educación e Novas tecnoloxías da Universidade da Laguna); CRIE (Currículum, Recursos e Institucións Educativas da Universidade de Valencia); e Grupo de Investigación STELLAE da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén participaron investigadores e investigadoras da Universidade de A Coruña e das Palmas de Gran Canarias.
A guía estrutúrase en catro capítulos:
Capítulo 1: Os materiais didácticos dixitais: Características e tipos.
Capítulo 2: Guía de recomendacións para produtores de materiais didácticos dixitais (empresas, administracións, asociacións docentes).
Capítulo 3: Guía de recomendacións para o profesorado.
Capítulo 4: Guía de recomendacións para as familias e alumnado.
Atópase dispoñible para a súa descarga na seguinte ligazón: https://riull.ull.es/xmlui/handle/915/16086