Please enable JS
  • slider21.jpg

Nos últimos días a editorial Graó publicou o libro Escuel@ Digit@l. Los materiales didácticos en la Red, dirixido por Manuel Area, que recolle os principais resultados de investigación do proxecto I+D A escola da Sociedade Dixital: Análise e propostas para a produción e uso dos contidos dixitais educativos. Neste proxecto participaron varios membros do grupo de investigación Stellae, xunto con investigadores e investigadoras da Universidade de A Coruña, La Laguna, Valencia e Las Palmas de Gran Canaria.

Este libro pretende dar resposta a diferentes interrogantes que guiaron os últimos tres anos de investigación. Entre estas cuestións destacan as seguintes: Que características teñen os materiais didácticos en formato dixital? Como se están distribuíndo estes materiais na Rede dende as administracións e as empresas editoriais no contexto español? Que opinan o profesorado, as familias e os produtores de ditos materiais? Como se usan pedagoxicamente os materiais didácticos dixitais nos centros e aulas escolares?

Así mesmo, o sexto e o sétimo capítulo deste libro recollen os estudos de caso levados a cabo en dous centros educativos de Galicia e neles analízase o uso das tecnoloxías e os materiais didácticos nas aulas.

Na seguinte ligazón pódese consultar máis información: https://www.grao.com/es/producto/escuel-digitl-aye015

libro Escuela digital