Please enable JS
  • slider21.jpg

Acábase de publicar o primeiro volume do monográfico “Desafíos ao campo educativo: A competencia dixital”, na Revista Iberoamericana de Tecnologías del Aprendizaje ( IEEE – RITA); baixo a coordinación de Adriana  Gewerc  Barujel, coordinadora do  G.I.  Stellae,  Donatella  Persico e Virginia  Rodés- Paragarino, membro do  G.I.  Stellae.

Trátase do primeiro dos dous volumes que configuran o monográfico, debido á elevada participación de calidade que obtivo o chamado de artigos. Este número especial ten como obxectivo contribuír ao estado do coñecemento no campo da competencia dixital e os desafíos que expón á educación, axudando a comprender as necesidades, problemas e solucións ao redor desta temática. Foi pensada e anunciada antes de ser declarada o Estado de Alarma impulsado pola COVID-19, pero o tema e os seus obxectivos dan conta dunha preocupación do campo educativo que se  magnificou coa Pandemia. Os artigos que contén foron escritos durante o confinamento e, aínda que recollen un escenario anterior, dan conta da realidade baixo a cal enfrontamos á situación actual.

IEEE RITA

Está composto por contribucións agrupadas en tres temas: estudos sobre a estado da arte; alumnado de escolas primarias, profundando en aspectos relacionados coa exclusión e a fenda dixital; e a autoavaliación da CD nas institucións. E conta, a maiores, con seis publicacións convidadas das autoras e autores: Tel Amiel (Escola de Educación. Universidad de Brasilia-Brasil; Inés Dussel (DIE-CINVESTAV, México); Peter Goodyear (The University of Sydney, Australia); Antonio Moreira-Teixeira (Universidad Aberta e Universidad de Lisboa- Portugal); María-Soledad Ramírez-Montoya (Tecnológico de Monterrey- México); e Neil Selwyn (Faculty of Education, Monash University, Melbourne, Australia).

Entre os artigos podemos atopar, tamén, contribucións de alguns/has dos/as membros do  G.I.  Stellae.

Convidámosvos a  leelo a través da seguinte ligazón!