O Grupo de Investigación Stellae organiza o Seminario Investigación e Teorías da significación, impartido polo Dr. Daniel Saur, que terá lugar os días 30 de abril, 7 e 21 de maio en horario de 16:00-18:00 h a través de Teams.
O seminario ten como punto de partida a reformulación epistemolóxica producida no campo das Ciencias Sociais a partir do que se deu en chamar “Xiro lingüístico” ou crítica aos esencialismos. A proposta parte dos diversos problemas contemporáneos que se presentan a nivel da episteme debido á corrosión sufrida polos supostos positivistas tradicionais presentes na actividade de investigación, a que se organizou historicamente ao redor das nocións de Adecuación, Precisión e Verdade. Para esta reflexión, que involucra os aspectos centrais da produción de coñecemento e algúns dos principais debates teóricos e metodolóxicos contemporáneos, recuperaranse tradicións que enriqueceron as discusións e axudaron á xeración de recursos críticos, orixinados no campo do posestructuralismo, o postmarximo, o pragmatismo, a semiología e a psicanálise, conformando un mapa xeral de discusión.
Neste contexto, o seminario terá continuidade orientando o traballo cara a un campo de indagación específico, tributario do Xiro Lingüístico e promovido por Ernesto Laclau e Chantal Mouffe, coñecido como Análise Política de Discurso ( APD) ou Escola de Essex. Aínda que o APD está conformado por unha serie de ferramentas para a investigación, non consiste nunha teoría nin nunha metodoloxía puntual, trátase pola contra dun Horizonte de Intelección aberto que se apoia en achegas múltiples, descansando en principios ontolóxicos e epistemolóxicos precisos. Por estes motivos propoñemos ofrecer unha mirada introdutoria ao APD como unha analítica que ofrece unha serie de recursos múltiples e estratexias variadas para a investigación no campo social. A característica sobresaliente deste Horizonte reside na atención posta na dimensión política, na historicidad e nun relacionalismo radical dos procesos de significación.
O Dr. Daniel Saur, é Licenciado en Comunicación Social, Maxíster en Sociosemiótica pola Universidade Nacional de Córdoba, Arxentina, e Doutor en Ciencias na Especialidade de Investigacións Educativas polo Cinvestav de México. Actualmente, é Profesor da Facultade de Comunicación Social e Investigador do Centro de Investigacións da Facultade de Filosofía e Humanidades, Universidade Nacional de Córdoba, Arxentina. As súas liñas de investigación son: “Debates epistemológicos contemporáneos” vinculados á semioloxía e a análise de discurso; e “Universidade e espazo público”. Recentemente co-coordinou o libro “Política e afectos. Investigacións educativas” (2019); “A cociña da investigación. Reflexións teórico metodolóxicas” (Eduvim 2017); e “Universidade Nacional de Córdoba. Catrocentos anos de historia. Tomos I e II” (Ed. UNC - 2013).
A inscrición ao curso aínda está aberta (a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) e está en trámite a solicitude de recoñecemento do seminario como actividade formativa do PFID.