Please enable JS
  • slider21.jpg

A profesora Esther Vila Couñago, membro do Grupo de Investigación Stellae da USC, xunto coas profesoras Yésica Teijeiro Bóo e Rita Gradaílle Pernas, do Grupo de Investigación SEPA-Interea da USC, veñen de publicar un artigo no número 33 da Revista Prisma Social. O seu traballo titulado “Conciliación y confinamiento con hijos/as con necesidades específicas de apoyo educativo: el rol materno” analiza a realidade de 127 familias con descendentes con NEAE, escolarizados en Educación Primaria, ao longo do confinamento sufrido en España entre os meses de marzo e maio de 2020, a causa da Covid-19. Afóndase en como conciliaron os seus tempos laborais, familiares e persoais, así como nas medidas de conciliación que demandan. 
Achéganse resultados que amosan diferenzas en función do nivel de estudos da nai e das condicións laborais. Esta investigación revela un baixo nivel de conciliación en xeral, onde o acompañamento das tarefas escolares constituíu o principal factor que dificultou articular os tempos cotiás. Unha das principais conclusións que se desprende deste estudo é a necesidade de mellorar as actuacións de conciliación dende unha perspectiva de corresponsabilidade máis comunitaria.

prisma

Enlace ao artigo:https://revistaprismasocial.es/article/view/4263