Please enable JS
  • slider21.jpg

fani voz galicia .jpeg

Fai unhas semanas, unha tese dirixida polo membro de Stellae, Jesús Rodríguez Rodríguez acadaba a máxima calificación do tribunal: sobresaínte cum laude. Trátase da obra de Estefanía Pena Bascoy titulada: “A presenza da dramatización e do teatro nos materiais didácticos do ensino primario en Galicia”. Estefanía foi alumna da USC e tamén axudante de dirección na Aula de Teatro da mesma universidade. Toda unha bagaxe que aporta coñecemento e experiencia a súa tese.

Unha investigación de total actualidade onde se analizaron materiais empregados no sistema educativo actual en Galicia e deixa entre outras conclusións que: “a práctica do teatro e a dramatización favorece desenvolver experiencias nas primeiras etapas do ensino: empatía, traballo en equipo e colaborativo, e o desenvolvemento dun gusto estético polas artes en xeral. Por iso o teatro merece ter máis presenza no ensino inicial e na formación docente de profesionais da educación e da pedagoxía, para que coñezan ben as súas posibilidades”, como ela mesma afirma nesta entrevista para a Voz de Galicia: 

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2021/12/27/span-langgldocente-investigadora-spanspan-langglprofesora-do-colexio-educacion-infantil-primaria-maia-bertamiransspanspan-langgl-teatro-merece-ter-mais-presenza-ensino-inicial-na-formacion-docentespan/0003_202112S27C8993.htm?fbclid=IwAR1fUB2YuXUQ5ONhdlENTH8XO-N4DPuG8QyOK0uH8i4sLTC2NK8_TOmqDes

 

Parabéns Estefanía, unha gran investigación!