Please enable JS
  • slider21.jpg

Uxía Regueira, membro do grupo de investigación Stellae, está a realizar actualmente unha estancia de investigación no Interactive Research Methods Lab do Bagwell College of Education de Kennesaw State Universiy, Xeorxia (Estados Unidos).

O Interactive Research Methods Lab ( IRML) é unha iniciativa que se sustenta na proposta de Rayuela para ofrecer un espazo innovador que brinda ao estudantado e profesorado instrución personalizada e experiencia práctica para xerar deseños de investigación cualitativos, cuantitativos e de métodos mixtos, utilizando contidos interactivos de realidade aumentada. 

A estancia terá unha duración de tres meses e apóiase na axuda para estancias de investigación vinculada ao contrato predoctoral da Xunta de Galicia. Este período terá como obxecto o traballo no deseño metodolóxico da tese doutoral que está actualmente en marcha e versa sobre a relación entre as prácticas participativas de mozos adolescentes en contornas dixitais e a fenda dixital de xénero.

 

 

 

WhatsApp Image 2022 02 24 at 17.31.26