Please enable JS
  • slider21.jpg

O doutor Daniel Saur desenvolverá dous semanarios no Grupo de Investigación Stellae, a través da plataforma TEAMS, os próximos 22 e 29 de abril baixo o rótulo: "Apropiacións e usos teóricos na investigación sobre significación. Casos e exercicios específicos". É doutor en Ciencias con especialidade en investigación educativa. Os seus principais liñas de investigación xiran arredor da educación superior desde a análise política do discurso. Actualmente traballa no Centro investigacións da Facultade Filosofía e Humanidades da Universidade Nacional de Córdoba (Arxentina).

Este seminario forma parte do ciclo formativo que vén desenvolvendo o Grupo de Investigación Stellae co proxecto Contornos Dixitais e Identidades de Xénero en Adolescencia (EDIGA). Formúlase o traballo con diferentes estratexias metodolóxicas para o avance na investigación como a etnografía virtual coa doutora Elisenda Ardévol ou o traballo con imaxes co doutor Isaac Marrero. Este seminario con Daniel Saur será unha oportunidade para afondar na análise de datos cualitativos desde casos concretos. Unha perspectiva que axudará a enriquecer os distintos traballos de investigación que se están a desenvolver nestes momentos.

daniel saur texto