Please enable JS
  • slider21.jpg

Os días 20, 21 e 22 de xuño tivo lugar en Santiago de Compostela o IX Encontro da Mocidade Investigadora de Galicia, que reúne aos doutorandos das tres unidades galegas co propósito de articular un espazo de diálogo, encontro e aprendizaxe interdisciplinar.

Neste encontro, Ángela González-Villa, investigadora predoutoral FPU e Adriana Gewerc, ambas as integrantes do Grupo de Investigación Stellae, recibiron o premio á mellor comunicación en Ciencias Sociais do Sistema Universitario de Galicia co traballo: A construción da subxectividade adolescente nas prácticas de exposición en redes sociais.

Unha comunicación sustentada na tesis doutoral de Ángela, dirixida por Adriana Gewerc, e enmarcada dentro do programa de doutoramento en Educación da Universidade de Santiago de Compostela. A tese busca comprender a construción da subxectividade adolescente nas prácticas de exposición en redes sociais. O traballo presentado partía deste problema de investigación tomando como base a análise dalgúns ítems do cuestionario deseñado e aplicado no seo do proxecto de investigación EDIGA: Contornos Dixitais e Identidades de Xénero en Adolescencia (PID2019-108221RB-I00); no que se encontra inmerso actualmente o Grupo de Investigación.

aNGELAEMI