Please enable JS
  • slider21.jpg

 

Guía «Recomendacións para o uso da tecnoloxía en Educación Infantil. Guía de boas prácticas para familias e docentes» diríxese a docentes e familias con nenas e nenos de idades comprendidas entre os tres e seis anos. Concíbese como un recurso de axuda que ofrece, de forma visual e sintética mediante infografías e viñetas, unha serie de consellos sobre o manexo das tecnoloxías dixitais na infancia, máis concretamente sobre os recursos educativos dixitais, no contexto do fogar familiar e da aula escolar.

Esta guía un produto derivado do proxecto «Os materiais didácticos dixitais na Educación Infantil. Análise e propostas para o seu uso na escola e o fogar» (RTI2018-093397-B-I00) na que participaron equipos de investigación (o Grupo Stellae entre eles) pertencentes a tres comunidades autónomas: Canarias, Galicia e Valencia. 

 

Guía de boas prácticas para familias e docentes. Recomendacións para o uso da tecnoloxía en Educación Infantil: https://riull.ull.es/xmlui/handle/915/31096

 

infanciDigital guia A4 pantalla.pdf