Please enable JS
  • slider21.jpg

O vindeiro xoves 28 de setembro, celebrarase o evento Educando en Igualdade organizado pola coalición galega da Campaña Mundial pola Educación (CME).

A coalición da CME, que en Galicia está formada polas entidades Entreculturas, Fundación Educo, Taller de Solidariedad, a Universidade de Santiago de Compostela e Axuda en Acción; organiza unha actividade que forma parte do proxecto actual galego da CME, cuxa temática xira ao redor da igualdade de xénero no marco educativo.

A CME pretende crear un espazo democrático e diverso, onde conversar e dialogar acerca de temáticas vinculadas á educación para a igualdade. A idea do encontro é poder reunir a persoas relacionadas coa materia, desde profesorado universitario, activistas, divulgadoras, ata cargos políticos, repartidas en 4 mesas de diálogo, cunha pílula temática correspondente. Ademais, entre mesa e mesa contarase coa intervención virtual en forma de pequenos vídeos reflexivos/explicativos por parte de persoas expertas que non poden asistir presencialmente ao encontro, deixando así a súa achega como fonte de inspiración e información ás persoas presentes.

Uxía Regueira, membro do equipo de investigación Stellae, participará na mesa redonda titulada “Internet e xénero: a cousificación en tempos de redes sociais” onde intervirá en relación cos resultados do Proxecto de Investigación EDIGA: Contornas Dixitais e Identidade de Xénero na Adolescencia (financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade) e o seu proxecto de tese doutoral, sobre os procesos de participación mediada por tecnoloxías dixitais de adolescentes galegas.

No cartel do evento atoparedes o código QR para a inscrición ao evento, tanto presencial como virtualmente. E, nas súas redes sociais, poderedes atopar máis información respecto diso:

Captura de pantalla 2023 09 26 105850

Instagram @CME_es e @CME_galicia, Twitter @CMEGalicia e @CME_es.

Esperámosvos!