Please enable JS
  • slider21.jpg
Cabreiros convértese un ano mais no escenario das XX Xornadas Interxeracionais Rurais: Aprendendo cos Nosos Maiores, que se celebrarán os días 25 de maio e 1, 8 e 14 de xuño. Este evento, que se converteu nunha cita ineludible para a comunidade, busca fomentar a convivencia interxeracional e poñer en valor o contexto rural galego e as súas dinámicas únicas.
 
Horario Xorn Cabreiros  

O pasado 25 de maio, día da inauguración, as actividades viraron ao redor da figura de Luisa Villalta, homenaxeada nas Letras Galegas do ano 2024, coa realización de diversas actividades para destacar o seu legado e a súa contribución á cultura galega. Ademais, celebráronse os 20 anos das xornadas cunha gran participación das novas xeracións. 
 
O 1 de xuño, próxima data do encontro, as xornadas centraranse en charlas-coloquios sobre diferentes aspectos do patrimonio material e cultural do concello de Galicia. Ademais, presentarase o novo número da Revista Galega de Educación, dedicado á interxeracionalidade, tema central destas xornadas.
 
O 8 de xuño, continuarase coa mesma estrutura, enfocándose na presentación de proxectos e libros relacionados coa temática interxeracional e rural. Será unha oportunidade para coñecer de preto iniciativas innovadoras e publicacións recentes que abordan estes temas.
 
Finalmente, o 14 de xuño clausuraranse as xornadas cunha mañá dedicada aos xogos tradicionais de Galicia. Esta xornada de peche será unha celebración das raíces culturais e unha invitación para manter vivas as tradicións a través da participación activa de todas as xeracións.
 
A comunidade de Cabreiros e todas as entidades organizadoras, entre as que se atopan a Universidade de Santiago de Compostela, Nova Escola Galega, O Colexio de Educadoras e educadores sociais de Galicia, Concello de Xermade, entre outras; convida a todos e todas a participar nestas xornadas tan significativas para a nosa terra. É unha ocasión única para aprender, convivir e gozar das riquezas da contorna rural galego nun ambiente de respecto e colaboración interxeracional. Esperámosvos!
 
Captura de pantalla 2024 05 26 a las 10.11.41Captura de pantalla 2024 05 26 a las 10.13.08
Cartel Cabreiros