Please enable JS
  • slider21.jpg
O pasado 29 de maio, a Universidade de París Citei acolleu a presentación do libro "Disciplinary and Trans-Disciplinary Knowledge and Skills for an Uncertain Future: Are Educational Media up to It?", no marco da 17ª Conferencia Internacional de IARTEM. A presentación foi realizada por parte dalgúns dos coordinadores da obra presentes na conferencia nese momento como é o caso de Jesús Rodríguez Rodríguez, membro do grupo de investigación Stellae na Universidade de Santiago de Compostela, Gilherme Romanelli, responsable do Núcleo de Pescuda sobre Publicações Didáticas (NPPD) na Universidade Federal do Paraná, e Alessandra Anichini, do grupo Instituto Nazionale Documentazione Innovazione Ricerca Educativa (INDIRE), en Italia.
PresentaciónLibroIARTEM
 
Esta obra compila varios dos artigos presentados durante a pasada edición internacional do congreso, realizada en Florencia en abril de 2022. A 16ª Conferencia IARTEM foi unha conferencia particularmente desafiante, levada a cabo nun contexto onde a pandemia de COVID-19 aínda exercía unha notable influencia. Neste sentido, o evento representou unha oportunidade fundamental para renovar un diálogo académico que parecía ser interrompido polas circunstancias globais.
 
O libro ofrece un exhaustivo panorama sobre o estado actual da investigación no ámbito dos libros de texto e os recursos dixitais para o ensino no contexto internacional. A riqueza do seu contido derívase das reflexións e achegas de académicos provenientes de diversas partes do mundo, o que permite delinear un escenario preciso e actualizado sobre esta área de estudo.
 
Para aqueles interesados en profundar nas temáticas abordadas, o libro está dispoñible en formato aberto a través da seguinte ligazón:  https://www.bookrepublic.it/ebook/9791281278202-disciplinary-and-trans-disciplinary-knowledge-and-skills-for-an-uncertain-future-are-educational-media-up-to-it-iulpress/. 
Esta presentación non só destacou a importancia da obra en cuestión, senón que tamén subliñou a necesidade continua de investigar e debater en conxunto sobre o papel dos medios educativos nun futuro incerto, estreitando lazos de colaboración internacional en prol dunha educación de calidade.