Inés Ramos Trasar e Pablo Gayo Pérez, investigadores/as predoctorais do Grupo de Investigación Stellae, participaron cómo relatores no "IX Reunión Científica Interuniversitaria de Mozos Investigadores/as" organizada os días 1 e 2 de xuño de 2024 na Universidade de Cantabria (Santander). Trátase dun encontro de investigadoras/es que suscita un espazo de interacción, reflexión, diálogo e apoio na construción dos procesos de investigación desenvoltos no marco do programa de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación. Esta foi realizada na Escola Técnica Superior de Náutica.
Ambos/as presentaron comunicacións orais referidas aos seus proxectos de tese doutoral, mostrando a fase de desenvolvemento na que se atopan no momento actual.
Inés Ramos Trasar presentou na súa mesa de debate de comunicacións o traballo "Análise dos procesos de ensino e aprendizaxe de prácticas de xénero de mocidade influencer en contornas onlife. Un estudo cualitativo en Galicia" e Pablo Gayo Pérez o denominado "Os Materiais Didácticos dirixidos ao alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA): Análise da percepción do profesorado de Educación Secundaria de Galicia".
A reunión propiciou o encontro de variedade de investigadoras/es predoctorais das universidades participantes (Universidade de Oviedo, Universidade de Cantabria, Universidade de Vigo, Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela). En suma, acudiron profesionais da educación de contextos diversos.