Please enable JS
  • slider21.jpg

O pasado 27 de maio tiveron lugar no Departamento de Investigacións Educativas do CINVESTAV, en México, as «Segundas Xornadas Internacionais EDIGA: Xénero, contornos dixitais e adolescencia». Enmárcanse no proxecto EDIGA "Contornos Dixitais e Identidades de Xénero na Adolescencia" financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade (PID2019-108221RB-I00) de España, realizado por equipos de España, Uruguai e México.

As xornadas supuxeron un espazo de continuidade das celebradas o pasado 13 e 14 de xullo na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela para dialogar, compartir e analizar as prácticas das adolescencias en contornos dixitais e as súas implicacións na configuración das subxectividades de xénero.

Adriana Gewerc, Fernando Fraga-Varela, Uxía Regueira e Ángela González-Villa, membros do Grupo de Investigación Stellae e do proxecto EDIGA, participaron nas xornadas en México con distintos traballos que trataban o papel das plataformas dixitais na construción da subxectividade de xénero de adolescentes.

As xornadas deron comezo coa conferencia inaugural de Adriana Gewerc Barujel: "Dispositivos de subxectivación e negociacións de xénero situadas" que reflicte o significado, sentido e percorrido do proxecto EDIGA.

Adriana conferencia

As mesas redondas deron conta dos principais resultados do proxecto de investigación. 

Ángela González-Villa presentou o traballo: "¿Público ou privado? Unha visión de xénero aos perfís de adolescentes en Instagram"; que realizou xuntamente con Ana Rodríguez-Groba, Esther Vila-Couñago e Esther Martínez-Piñeiro.

Ángeña y Lorena

Uxía Regueira presentou o traballo: "Competencia dixital e dispositivo de xénero. O lugar da cotianeidade adolescente na escola"; realizado xunto con Adriana Gewerc e Esther Vila-Couñago.

Uxía y Ángela

Fernando Fraga-Varela interveu co traballo: "Influencias da arquitectura dixital de Instagram: a música como referente"; realizado xunto con Almudena Alonso-Ferreiro. Tamén presentou "O selfi: perfís na adolescencia a partir do uso de redes sociais"; xunto con Adriana Pouso-Tobío.

Fer en México

 

"¿Efímero ou Permanente? Unha mirada de xénero á autovixilancia de adolescentes en Instagram" foi o traballo presentado por Ángela González-Villa e Uxía Regueira; realizado xunto con Inés Ramos-Trasar e Ana Rodríguez-Groba.

ángela y uxía 2

Cada un dos distintos momentos das xornadas tivo como obxectivo non só a difusión de resultados, senón tamén a discusión da análise e a posta en común de preguntas emerxentes coa comunidade científica, permitindo nutrir o traballo que os tres equipos viñeron desenvolvendo nos últimos anos.