Please enable JS
  • slider21.jpg

Fernando Fraga-Varela do Grupo Stellae en colaboración con Arkaitz Lareki e Juan-Ignacio Martínez-de-Morentin do Grupo de Investigación da UPV/EHU GIU20/053 acaban de publicar un artigo como produto da investigación que están a desenvolver sobre “As redes sociais e os menores. Usos e percepción de risco no marco internacional”.

O artigo pon o foco na necesidade de explorar as percepcións sobre o uso neglixente das tecnoloxías e a percepción de gravidade buscando elementos de relación entre ambas as realidades. O traballo que publicaron contou cunha mostra de 2529 estudantes de España, Italia e Grecia. Evidénciase a tendencia dos estudantes de participar de accións neglixentes que perciben con menor gravidade e con menos frecuencia nas graves evidenciando a necesidade de adiantar todo o posible as intervencións educativas neste ámbito.

O traballo atópase dispoñible en aberto en Technology in Society, revista indexada en JCR Q1, cunha posición 1 de 110 no ano 2022 na categoría Social Sciences, Interdiciplinary e posición 3 de 44 na categoría Social Issues.

 Acceso ao artigo: https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/s0160791X24001714

 

articulofer y vascos.png