Please enable JS

Mª Helena Zapico Barbeito

Despacho :P1B4

Extension:4661

ORCID ID  0000-0002-4582-4500

E-mail:helena.zapico@udc.es

Direccion: Fac. de Ciencias da Educación. Universidade da Coruña. Campus de Elviña. CP: 15071 (A Coruña)

Páxinas persoais:

https://www.researchgate.net/profile/Maria_Helena_Zapico-Barbeito

https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=940527

Traxectoria Profesional

María Helena Zapico Barbeito é Doutora en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), tendo obtido o Premio Extraordinario de Doutoramento. Conta así mesmo cun Mestrado en Xerontoloxía Social e é Diplomada en Educación Social pola USC. Comezou a súa carreira docente e investigadora nesa mesma institución, gozando dunha beca e contrato FPU desde o ano 2005.

 

Na actualidade traballa como profesora da Universidade da Coruña (UDC), téndose incorporado á área de Teoría e Historia da Educación (Departamento de Pedagoxía e Didáctica) no ano 2009. Imparte docencia no Grao en Educación Infantil, Grao en Educación Primaria e Grao en Educación Social, así coma no Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas. No plano da xestión, cabe mencionar que durante varios anos desempeñou o cargo de Vicedecana de Ordenación Académica da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.

 

As súas investigacións e publicacións veñen xirando en torno ás seguintes áreas principais: o deseño e avaliación de materiais didácticos; o desenvolvemento profesional docente; as relacións interxeracionais en contextos educativos e sociocomunitarios; os procesos de innovación educativa baseados nas TIC e, máis recentemente, a educación para o desenvolvemento e a cidadanía global.

 

Autora de máis dunha vintena de artigos e capítulos de libros, participou en diversos proxectos de investigación autonómicos, nacionais e internacionais, así como en innumerables congresos e eventos científicos. Realizou diferentes estadías de investigación predoutoral en centros de investigación nacionais e internacionais, ao igual que unha recente estadía de investigación posdoutoral na Åbo Akademi University (Finlandia).