Please enable JS

Rosi Vicente Álvarez

E-mail:rosi.vicente.alvarez@gmail.com

Direccion:CEIP. Ramón Cabanillas, rúa de José Antonio Souto Paz, 5, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña

Páxinas persoais:

https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=2475365

Traxectoria Profesional

Rosa María Vicente Álvarez colabora como investigadora externa en "La escuela de la sociedad digital: análisis y propuestas para la producción y uso de los contenidos digitales educativos, coordinada polo Dr. Area (Universidade de La Laguna, Canarias) e con Stellae, coordinado pola Dra. Gewerc (Universidade de Santiago de Compostela, Galicia)

Colaborou na implementación e desenvolvemento do proxecto MusiChild Erasmus+Strategic Partnership (2014-2016), deseñado pola Dra. Pieridou Skoutella (Universidade de Nicosia, Chipre).

Completou o seu doctorado en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela (2011). A súa tese titúlase "Os materiais didácticos e musicais en educación infantil. Un estudo descritivo e interpretativo da percepción docente en Galicia", traballo sobre o cal sigue apoiando as sías investigacións actialmente. Estudou maxisterio pola especialidade de educación infantil na Universidade de Vigo, Ourense (2000) e licenciouse en pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela (2006). Desenvolveou o seu doctorado nesta mesma universidade (2006-2008). Rematou os estudos en Historia e Ciencias da Música pola Universidade de La Rioja (2013).

Participou en seminarios de evaluación de materiais, comunicacións de congresos sobre o desenvolvemento de materiais musicais na etapa de educación infantil e primaria, paticipando en congresos e conferencias internacioais como IARTEM (Santiago de Compostela, 2009, Kaunas, 2011; Lisboa, 2014; Berlin, 2015), ISME (Thessalonica, 2012), MERYC (Hague, 2013, Tallinn, 2015) e MusiChild Erasmus+ (Nicosia, 2016), así como tamén en España, realizado na Universidad de Santiago de Compostela (2009, 2015), a Universidade da Coruña (2011) e a Universidade de Vigo (2014, Ourense) así como actividades de formación docente organizadas por Nova Escola Galega (2010-16), a Asociación de Gaiteiros Galegos (2006, 2009), CEIMUS (Madrid, 2013), o SIBE Sociedad de Etnomuscología (Cuenca, 2014).

Desde 2002, dedicouse a avaliar e crear materiais didácticos para a educación infantil e musical. En 2005, recibe unha mención honorífica outorgada polo Concello da cidade de Santiago de Compostela, por unha unidade didáctica para educación infantil titulada "Contos do Camiño" e en 2008 publica "A canción infantil do xogo tradicional galego como recurso na educación musical primaria" (Gersam editorial). Ademais, colaborou co Museo das Peregrinacións(Santiago de Compostela, 2009) en base a aquel traballo que desembocaría noutro denominado "Contiños do camiño".

Desde 2003 colabora con Nova Escola Galega en actividades relacionadas coa avaliación de materiais didácticos e escolares.

Por outro lado, estudou piano (ontén o grado profesional en 2003 co Prof. carlos Enrique Pérez) e órgano de tubos (obtén o grado profesional en 2016 coa Prof. Marison Mendive). Neste contexto realiza certámenes académicos en Porto, Salamanca e Ourense, e toca o órgano da Catedral de Lugo, de Santiago de Compostela e de Tui (2012-2015). Ademais, estudou o posgrado propio de "Música tradicional galega" da Universidade de Santiago de Compostela (2004) e inicouse en música antiga co Prof. bruno Forst (2005-2007)