Please enable JS

Federico Ferrero

E-mail:federicojferrero@gmail.com

Direccion:Centro de Investigaciones María Saleme de Burnichon, Pabellón Agustín Tosco, Ciudad Universitaria, Córdoba, 5000, Argentina.

Páxinas persoais:

https://cordoba.academia.edu/FedericoFerrero

Traxectoria Profesional

É Licenciado en Ciencias da Educación, Licenciado en Psicoloxía e Doutor en Ciencias da Educación pola Universidad Nacional de Córdoba (UNC), Argentina. Integrou o equipo da Área de Tecnoloxía Educativa da Facultade de Filosofía e Humanidades (UNC) e, dende aló, participou en proxectos para o fortalecemento institucional con tecnoloxías dixitais.

A súa tese doutoral titulada “Aprendizaje de Lógica Informal y uso de nuevas tecnologías para la diagramación de argumentos: un estudio de caso en la Universidad Nacional de Córdoba”, foi dirixida pola Dra. Adriana Gewerc, co-dirixida polo Dr. Diego Letzen e patrocinada cunha bolsa do CONICET (Consejo Nacional de Investigaciones Científicas y Técnicas), Argentina (2012-2016). Na tese analízanse, dende a perspectiva vigotskyana, as aprendizaxes de estudantes universitarios que manipulan distintos formatos de diagramas argumentais. Entre eles, proponse o traballo con "redes de argumentos" construidas facendo uso de ferramentas do Learning Analytics (Social Networks Analysis).

Actualmente posúe unha bolsa de postdouctoramento (2017-2019) tamén outorgada polo CONICET e dirixida pola Dra. Adriana Gewerc e o Dr. Diego Letzen para investigar a aprendizaxe da programación de computadoras dende o Enfoque Sociocultural.

Realizou estancias de investigación na Universidade de Santiago de Compostela (España), Universidad de Córdoba (España), UNICAMP (Brasil) e, recentemente, no Lab of Comparative Human Cognition (Universidad de California en San Diego). Asimismo, participou e colaborou en xornadas, seminarios e congresos adicados ás Novas Tecnoloxías en educación e ás Teorías das Aprendizaxes. As comunicacións e artigos publicados xiran en torno a estas temáticas.