Please enable JS

Nerea Rodríguez Regueira

E-mail:nerea.rodriguez.regueira@rai.usc.es

Páxinas persoais:

https://www.researchgate.net/profile/Nerea_Rodriguez_Regueira

 

Traxectoria Profesional

Mestra especialista en Educación Infantil pola Escola Universitaria de Maxisterio San Pablo CEU de Vigo (2010). Completou a súa formación coa Licenciatura en Psicopedagoxía (2012) e co Máster Universitario en Procesos de Formación (RD 1393/2007), ambos na Universidade de Santiago de Compostela.

Na actualidade traballa como mestra de Educación Infantil nun centro público de Vigo (Galicia) e atopase facendo a súa tese doutoral sobre os libros de texto dixitais,unha línea de investigación que comezou co Traballo Fin de Máster.

Gozou dunha Beca de colaboración do Ministerio de Educación no Departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC no curso 2011/2012. Participou en xornadas, seminarios e congresos con temáticas relacionadas cos materiais escolares e as tecnoloxías da información e a comunicación, destacando a 12th International Conference on Textbooks and Educational Media (Ostrava, 2013) y el XVI Congreso Nacional y VII Congreso Iberoamericano de Pedagoxía (Madrid, 2016) na que acadou o premio a Mellor Comunicación Oral Pre-doutoral. As comunicacións e artigos publicados xiran, así mesmo, en torno a estas temáticas.