Please enable JS

Angela González Villa

ORCID ID  0000-0003-3920-6236

Traxectoria Profesional

Graduada en Pedagoxía (2019) na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, obtendo os recoñecementos: Premio Fin de Carreira da Xunta de Galicia, Premio Extraordinario de Fin de Grao da Facultade de Ciencias da Educación (USC) e o Premio de Excelencia Académica de Grao no curso 2017/2018 pola Xunta de Galicia. Completou a súa formación co Máster Universitario en Procesos de Formación (2020).

A súa traxectoria na investigación comezou cunha bolsa de colaboración (2018/2019) no Departamento de Pedagoxía e Didáctica. Na actualidade, está contratada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do programa de Formación do Profesorado Universitario ( FPU 2019), polo que está a desenvolver a súa actividade investigadora dentro do grupo e realizando a súa tese doutoral: Percepción da dimensión público-privado en contornas dixitais e construción da identidade en adolescentes de Galicia.