Please enable JS

José Pablo Franco López

Despacho :62, Módulo C2

Extension:13819

ORCID ID  0000-0002-7032-6810

E-mail:jpablo.franco@usc.es

Traxectoria Profesional

Diplomado en Educación Física (2004) e Educación Infantil (2006). Licenciouse como psicopedagogo no ano 2013 e completou a súa formación realizando o Máster en Procesos de Formación (2014) con premio extraordinario. No ano 2021 presenta a súa tese doutoral "O xogo de construción con bloques en nenos e meniñas de 2 a 3 anos: estudo descritivo da calidade de contextos, procesos e resultados" no Programa de Doutoramento en Educación na Universidade de Santiago de Compostela.
A súa traxectoria profesional iníciase como director da galescola de Pantón o curso 2007/2008; e desde o ano 2008 ata o 2018, traballou no Equipo de Atención Educativa do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, desempeñando funcións de asesoramento, coordinación, dinamización educativa e formación permanente para os profesionais das escolas infantís de 0 a 3 anos en Galicia. Desde o curso 2018/2019 traballa como Profesor Interino de Substitución no departamento de Pedagoxía e Didáctica na USC.
A súa principal liña de investigación céntrase na Educación Infantil, especialmente no primeiro tramo desta etapa (0-3anos). Publicou en diversas revistas e participado en diferentes congresos internacionais e nacionais, así como na presentación de relatorios en cursos formativos relacionados coa Educación Infantil.