Please enable JS

Rebeca García Murias

Traxectoria Profesional

Mestra en Lingua Estranxeira (Inglés) e Licenciada en Psicopedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Realizou o Doutoramento no Departamento de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación (MIDE) da devandita Universidade. Defendeu a súa Tese Doutoral en 2014, centrada na Exploración das necesidades de información do alumnado do programa Erasmus e propostas de actuación orientadora, pola que obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento.

Profesora na USC de 2009 ata 2015. Foi beneficiaria dun Contrato de Investigación Postdoutoral (no marco do programa de Axudas de apoio á etapa de Formación Posdoutoral, do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 (Plan I2C)) onde se incorporou á University of Applied Labour Studies of the Federal Employment Agency (HdBA): Hochschule der Bundesagentur für Arbeit (HdBA), en Mannheim (Alemaña) desde 2015 ata 2017. Tras o período de estancia Postdoutoral, obtivo un contrato de traballo como Persoal Docente e Investigador nesta mesma institución (2017-2022).

É membro da Rede Interuniversitaria de Profesorado de Orientación (RIPO) así como da Rede Europea NICE (Network for Innovation in Career Guidance and Counselling in Europe), exercendo nesta última a función de Membro do Comité de Eleccións e Ética.

As súas principais liñas son: Movilidad Educativa, Profesional e Laboral en Europa; Orientación e Asesoramento Profesional (Career Guidance and Counselling, CGC) no contexto europeo; Competencias CGC dos orientadores de mobilidade internacional; Perspectivas de investigación para a Aprendizaxe Permanente e a Orientación Permanente en Europa; Iniciativas de Aprendizaxe Baseada no Traballo (Work Based Learning, WBL), cooperación entre a EFP e o mundo do traballo; habilidades de intelixencia social e habilidades de aprendizaxe socio-emocional (Social Emotional Learning, SEL) no contexto da orientación profesional.

Na actualidade desempeña a súa función investigadora e docente como Profesora Ayudande Doutora no Departamento de Pedagoxía e Didáctica, Área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación (MIDE) da USC.