Please enable JS

Ana Rodríguez Guimeráns

E-mail:anarodriguez.guimerans@usc.es

Traxectoria Profesional

Graduada en Educación Infantil (2020) na Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela. Completou a súa formación realizando o Máster en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos (2021), impartido pola Universidade de Vigo no seu Campus de Ourense. En ambos realizou os seus traballos finais centrándose no ámbito dos Materiais Didácticos e Materiais Didácticos Dixitais, así como na atención á diversidade.


Gozou dunha Bolsa de Colaboración do Ministerio de Educación no departamento de Didáctica e Organización escolar na UVigo, no curso 2020-21, centrada en profundar na súa investigación para o TFM así como en aprender as dinámicas propias do propio departamento.


Actualmente está contratada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do programa de Formación do Profesorado Universitario (FPU 2020), polo que está a desenvolver a súa actividade investigadora dentro do grupo e realizando a súa tese sobre os materiais didácticos e materiais didácticos dixitais empregados para o traballo con alumnado TEA escolarizado nas aulas de Educación Infantil.
Esta formación vese complementada coa asistencia e participación en congresos, xornadas, cursos, seminarios e proxectos que teñen como obxectivo o estudo dos materiais didácticos nos distintos niveis educativos e a súa relación coa inclusión educativa.