O pasado sábado día 28 de febreiro, o noso compañeiro e membro do Grupo Stellae, o profesor Jesús Rodríguez Rodríguez, foi nomeado Colexiado de Honra do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg), nun acto que tipo lugar no Centro de Convivencia Maruxa Mallo de Lugo.

 

Con esta mención honorífica quíxose recoñecer o labor que Suso Rodríguez vén desenvolvendo dende hai anos como estreito colaborador do Colexio, tanto en iniciativas nacidas no seo do Ceesg, como a través doutras propostas que el mesmo impulsou dende a Universidade de Santiago de Compostela, o MRP Nova Escola Galega ou a Asociación de Veciños de Cabreiros (Xermade). Unha atinada lembranza das súas contribucións á proxección da figura dos profesionais da Educación Social.

 

Os nosos parabéns por tan merecido recoñecemento.

 

Share
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.