Son ou non son cidadá dixital radical?

 

Emejulu e McGregor (2016), afirman que a cidadanía dixital radical pretende que se fagan visíbeis as relacións sociais críticas coa tecnoloxía e que se desenvolvan prácticas tecnolóxicas emancipadoras para a xustiza social. 

 

Persoalmente, esta era a primeira vez que escoitara o concepto exposto, e aínda despois de ler todo o texto non tiña todo ben claro, así que comecei a investigar. Por se vos axuda a vós tamén, a principal finalidade da cidadanía dixital radical é ir máis aló de enriquecer o bagaxe político precedente, centrándose en inducir ao cambio sustancial nas condicións de posibilidade. Deste xeito, estaríamos falando das transformacións nas dinámicas de representación, participación e deliberación nas sociedades contemporáneas.  (Rendueles, 2016)

 

Unha vez souben un pouco máis das persoas que se consideraban cidadáns dixitais radicais, pensei… serei eu parte diso? 

 

Pois ben, Emejulu e McGregor (2016) entenden que isto comeza na análise crítica das consecuencias sociais, políticas, económicas e ambientais das tecnoloxías cotidianas. Persoalmente considero que estou no punto de analizarme en moitos aspectos e analizar todas as cuestións da miña vida e dos meus costumes. Pretendo informarme acerca das causas sociais ás que podo estar afectando negativamente para concienciarme ao respecto. 

 

Para reafirmar isto, saliento a figura de Paulo Freire, quen afirmaba que a concienciación era inseparábel da liberación, cuxo proceso precisa dunha desmitificación total. É dicir, pensa que a concienciación é a mirada máis crítica posíbel da realidade e que ésta axudará a coñecer os mitos que enganan e axudan a manter a realidade da estructura dominante. (Chesney, 2008)

 

O problema é que erradicar todos os procesos vitais -e mesmo tecnolóxicos- cos que levo vivindo tanto tempo, resulta moi complexo. Podo intentar concienciarme -pola miña conta- acerca de todo o que implica ser unha cidadá dixital radical, xa que aspiro a iso e penso que é o que temos que acadar cada unha de nós, mais -por agora- non podo responsabilizarme  de “deliberar e tomar medidas para construir tecnoloxías e prácticas tecnolóxicas alternativas e emancipadoras” (Emejulu e McGregor, 2016). Con todo, isto significa moito máis do que o meu coñecemento crítico abarca nestes momentos, pero o importante é comezar por nós mesmas, con cambios pequenos e cotidianos que nos axuden a reconducirnos cara unha nova era dixital. 

 

Por tanto, é imposíbel pensar nunha tecnoloxía educativa apolítica. É máis, a educación dixital debe afastarse desta posición apolítica, debemos de mostrar non solo as cousas obxectivas da tecnoloxía, senón tamén todo o que hai detrás e todo o que conleva que usemos e que teñamos determinados dispositivos. A visión de procesos tecnolóxicos como neutros non pode prevalecer se a intención é educar cidadáns capaces de participar e actuar na sociedade coma cidadáns dixitais radicais. (Vizconde e Assis, 2012)

 

Por outra banda, agradezo ler textos no eido académico que falen de problemáticas sociais coma os movementos do #BlackLivesMatter ou o #SayHerName. Pois, malia presentarnos unha problemática social tamén nos están proporcionando exemplos reais dunha parte da sociedade que decide empregar a tecnoloxía para alzar a voz das desigualdades sociais e das problemáticas da sociedade. Cantas de vós pensades nunha muller cando nos falan de asasinatos por parte da policía americana a persoas negras? Cantas imaxinades a esas mulleres debaixo do nocello da policía? Imaxino que poucas, normal. 

 

A verdade que a pesar de ter unha visión bastante negativa en moitos aspectos  das redes sociais, concordo na postura de DeRay McKesson (Kang 2014) no Tweet que nos mostran (citado en Emejulu e McGregor, 2016): 


“Las redes sociales fueron nuestra arma contra el borrado. Las redes sociales nos permitieron convertirnos en nuestros propios narradores. Con ella, nos apoderamos del poder de nuestra verdad.”

 

Por sorte, moitos destes movementos sociais teñen cabida e audiencia nas redes sociais, onde cadaquén é minimamente libre de expresar a súa casuística persoal e o seu coñecemento ao respecto das causas sociais. Por sorte, temos a persoas coma Alicia Garza, Patrisse Cullors e Opal Tometi, quen mostran outra alternativa completamente diferente. 

 

Precisamos escoitar a moitas máis referentes que sexan protagonistas da súa propia loita, pois non é o mesmo falar por unha mesma que falar dende unha figura de “salvadora” privilexiada.   Recoméndovos ler isto: https://www.bbc.com/mundo/noticias-55124765


 

Akwugo Emejulu & Callum McGregor (2016): Towards a radical digital citizenship in digital education,Critical Studies in Education, DOI: 10.1080 /17508487.2016.1234494 

BBC News Mundo. (2020, 20 diciembre). Black Lives Matter: cómo tres mujeres crearon un movimiento mundial a partir de una etiqueta de redes sociales. BBC News Mundo.

https://www.bbc.com/mundo/noticias-55124765

Chesney, L. (2008). La concienticización de Paulo Freire. Universidad Central de Venezuela.

file:///C:/Users/Usuario/Downloads/Dialnet-LaConcientizacionDePauloFreire-4015700.pdf

Rendueles C. (2016). La ciudadanía digital. ¿Ágora aumentada o individualismo postmaterialista? RELATEC  Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa. Vol 15(2)

file:///C:/Users/Usuario/Downloads/Dialnet-LaCiudadaniaDigitalAgoraAumentadaOIndividualismoPo-5578597.pdf

Vizconde E. e Assis N. (2012, 26 junio). EL DEBATE: ¿La educación necesita de la tecnología y de la política?. Revista CTS.

https://www.revistacts.net/el-debate-ila-educacion-necesita-de-la-tecnologia-y-de-la-politica/