A. Paradas marcadas na folla de Ruta

Última actualización de en Diego Cerviño Cerviño

Neste apartado están o conxunto de illas nas cales anclei seguindo ou basándome na folla de ruta proporcionada pola propio materia. Parei nestas illas con fin aprovisionar o meu barco cos víveres e ferramentas necesarias para continuar coa travesía.

 

Foron paradas onde atopei a formación necesaria e básica para primeiro, poder continuar co traxecto polo medio do arquipélago; e, segundo, descubrir que outras illas, fora da folla de ruta, podían interesarme para facer unha visita e unha parada para recolectar materiais.

 

En cada unha destas paradas escribín un blog, entre os cales pode destacar o blog 'Abrindo os horizontes da búsqueda de información', o cal representa a primeira parada neste traxecto e foi onde diseñei por completo e carguei cos materías precisos o meu barco. Outra parada que representou moito para min foi Xabarín Club e a importancia das series animadas na formación das persoas , xa que foi unha illa marcada na folla de ruta, relacionada co traballo con materias audiovisuais, pero que na súa visita deille un toque máis persoal á investigación e, ó fin e ó cabo, busquei e recolectei da illa o que máis me interesaba. A visita a esta illa marcou un antes e un despois na miña travesía, xa que despois dese día descubrín que fose cal fose a illa, podía sacar en limpo os materias e víveres que a min máis me interesaran. 

 

Xa, por último, destacar, entre outros,a o blog Brecha Dixital = Brecha Educativa (Actividade 4) o cal naceu dunha visita obrigada a unha illa, pero do cal estou moi satisfeito, xa que foi unha visita moi satisfactoria, na cal atopei recursos cos que non contaba atopar e que lles dei unha finalidade persoal moi práctica, así como adaptalos ós meus gustos e necesidades.

 

En resumidas contas, as visitas a estas illas foron necesarias e obligadas polo itinerario de viaxe, pero de todas saquei os materiais e alimentos que quixen e, por consecuente, fixen unha entrada de blog particular.

 
folla de ruta
 
Imaxe de Creative Commons recuperada de: https://www.pexels.com/es-es/creative-commons-images/   1200px-Cc.logo.circle.svg.png