B. Paradas en illas por pleno interese particular

Última actualización de en Diego Cerviño Cerviño

En canto as visitas a estas illas foron todas aquelas nas que anclei sen ser unha visita obligatoria, simplemente por interese persoal e simples ganas de descubrir o que alí había. Posiblemente foron as visitas máis arriscadas, pero, ó mesmo tempo, máis satifastorias.

 

Os 3 blogs que representan as visitas a estas illas son 'Dinamización do galego e as novas tecnoloxías', na cal aproveitei todos os materias recollidos en outras illas previamente visitadas; 'Educación e currículo como ferramentas políticas' , illa que visitei xa que me pareceu moi atractiva, dados os meus gustos persoais e as necesidades que, por aquel entón, o meu barco ‘PLE’ tiña; e, por último, 'COVID-19 e a cuarentena 'tecnolóxica' foi unha illa fóra da folla de ruta que me vin na obriga de visitar por culpa dunha gran tormenta que zarandeou todos as nosas embarcacións   e, como xa comentei, cambiou a folla de ruta. Esta última foi unha visita da que non rescatei ningún material físico, pero que foi necesaria para reorganizar todos o utensilios que xa tiña e adaptalos ó novo mar que me esperaba despois deste zarandeo da tormenta ‘Coronavirus’.

 

As visitas a estas illas despertaron en min unha interese polo descubrimento e a aventura, aspectos que vou necesitar agora que rematei a travesía polo arquipélago da ‘Tecnoloxía Educativa’ e que me lanzo a mar aberto, cargado de todos os materias e alimentos gardados no meu barco ‘PLE’.

 

barcos de papel
 
Imaxe de Creative Commons recuperada de: https://www.pexels.com/es-es/creative-commons-images/   1200px-Cc.logo.circle.svg.png