Un final?: Revisión

Última actualización de en Sonia Oreiro

Xa estamos aquí, xa chegou, o final do cuatrimestre do terceiro ano de pedagoxía e con el o peche de varios camiños de aprendizaxe aos que administración lles gusta chamar materias.

Como en todo camiño, sendeiro, experiencia, travesía, etc., é preciso realizar unha reflexión de porqué fixemos ese camiño, como o fixemos, con quen e como chegamos.

Agora ben, a primeira cuestión ou reflexión vamos a obviala xa que é unha pregunta moi concorrida ano tras ano, é a famosa: “¿por que estudias Pedagoxía?”

Isto lévame a falar do conxunto de xente que conforman ese con quen. Pois con todos vos. Psicólogos frustrados, enfermeiras, ópticos-optometristas..., que agora recibides o nome de pedagogos e pedagogas. Non formades un grupo calquera senón un conxunto de estudantes capaces de crear un espazo para a reflexión e para o compañeirismo, o que permite que o “como” desta travesía ao longo da Tecnoloxía Educativa fora nunha evolución e cambio de ideas e perspectivas e polo tanto, de enfoques e paradigmas de como interpretar a realidade.

Nestes paradigmas ten palabra ou parte de protagonismo a forma de entender a realidade tecnolóxica.  A tecnoloxía pasou de ser, en min, algo pequeno a algo que nos supera. Que quero dicir con isto?

Refírome a que comecei o camiño falando das baixas expectativas sobre a materia xa que non a consideraba unha temática moi trascendente dentro da realidade educativa, entendendo que a tecnoloxía non estaba tan presente. Este cambio vese en cada unha das miñas entradas que, nunha perspectiva global, son unha ilustración da evolución, xa que se pode apreciar a miña sorpresa ou incredulidade do grande que pode ser a tecnoloxía, da gran área que abrangue e de como esta está presente sen semellar estalo. E iso foi algo que sen esta materia non tería comprendido ou non lle concedería os meus pensamentos a esa temática.

As miñas últimas entradas xa se refiren máis a aspectos técnicos, debido, quizais, ao feito anterior. É dicir, unha vez captado a dimensión do asunto a tratar, entramos en materia técnica, ¿non?

Non me podo esquecer de facer mención á cantidade de recursos ou ferramentas que me levo como materiais para o uso en contextos académicos, como aprendizaxes aplicables a todos os ámbitos existentes.

Creo que entrada a entrada intentei deixar un pouquiño de min nela, facéndoa miña e facéndoa propia de tal forma que me reflexara nela. Porén, no que se refire ao contido, pode ser que non fora o nivel óptimo que se esperaba (en canto a contido estritamente teórico) e que sería mellorable en canto a fundamentación teórica, agora ben, creo rotundamente que de cada unha das miñas entradas se pode quitar unha aprendizaxe, sexa esta dun tipo ou outro, pero é unha aprendizaxe finalmente. Todo isto está redactado cun pensamento de autocrítica (ou iso estou intentando).

É certo que non foi a materia máis sinxela, tamén é certo que non estabamos acostumados a ese formato de clase nin a temática que dentro dela se tratou. Porén, non foi un camiño en balde. E iso ao final é o que nos levamos.

 

Historial