10 cousas que nunca debes publicar!!

 

http://noticias.universia.es/ciencia-nn-tt/noticia/2015/02/24/1119747/10-cosas-nunca-debes-publicar-redes-sociales.html 

Na presente noticia de Universia (portal de información das universidades españolas e latinoamericanas), publicada o 24 de Febreiro do 2015, expón sobre as 10 cousas que nunca se debe publicar nas redes sociais. A propósito da clase expositiva de hoxe, vin conveniente compartir con vós esta noticia, xa que mantén relación co que se deu hoxe pola tarde.

Hoxe en día o tema das redes sociais da lugar a un gran debate entre os máis novos e a xente que non entende o abuso destas aplicacións. Claro que se pode entender as dúas partes, aínda que eu particularmente sexa unha persoa nova, posto que é complexo que a xente que non se imaxinaba que se podía chegar a chamar dende un aparato e un cable a pasar a ter un móbil con internet e sen cable, pois é normal que este tipo de persoas non entendan a situación de moitos xoves que dependan de tales aplicacións.

Hai que ter en conta a responsabilidade que ten cando se baixa e se leva día a día unha app deste tipo. Non tentamos nos problemas que nos podemos chegar a meter e na GRAN información que colgamos publicamente. Como di na noticia “ (…) publican información personal que delata su ubicación y presente estado haciéndolos un blanco fácil para los depresores de todo tipo”. É dicir, a información que se comparte debe ser  revisada previamente para non chegar a ter conflitos con ninguén por abusar de expor datos privados da vida de un mesmo ou doutra persoa.

Analizarei punto por punto de forma moi resumida. No primeiro fálase da data completa de nacemento  e no punto oito sobre a data das túas vacacións; é algo moi común publicar a túa data de nacemento co ano incluído ou por nun estado que te vas de vacacións a Brasil, non nos paramos a pensar que iso fai que a xente estafadora teña máis vantaxes para poder roubarche a identidade e abrir contas co teu propio nome ou indicar que a túa vivenda estará valeira durante uns días. Hai unha minoría de xente que en vez de publicar a súa data pon unha data falsa para que ninguén a saiba e non teña problemas.  No segundo punto trata sobre a túa ubicación actual, pero isto hoxe en día supostamente está moi ben controlado, ou sexa, en moitas das aplicacións danche a opción de activar ou desactivar ubicación, polo tanto, iso xa é algo optativo que che dan algunhas apps. A este punto pódeselle sumar o número sete, fotos con xeoreferencias automáticas, nas que tamén moitos dispositivos móbiles sacan as fotos incluíndo a ubicación na que foi sacada. No seguinte, vai sobre as fotos de nenos etiquetados cos seus nomes; sobre isto, é un tema que sobre todo aos que son pais, non lles gusta a idea de subir fotos dos seus proxenitores, xa que son menores de idade e non queren que se lles vexan en sitios tan pouco controlados sobre a protección de imaxe e datos do neno. En cuarto lugar, a dirección, pasa o mesmo que co punto un, hai que intentar non publicar a dirección nin a ubicación na que se encontra un. Co número de móbil, pasa tamén exactamente como os puntos anteriores, pero aínda así hoxe en día o número de móbil é moi fácil de encontralo en calquera lado ou que llo de alguén a persoas equivocadas pero sen a menor intención de poder meterte en problemas. No sexto punto, a situación sentimental, cando publicamos algo disto é porque realmente non nos importa que nos pregunten sobre a nosa vida sentimental, polo tanto publicamos estados relacionados con isto; pero dándolle un xiro, a parte negativa de publicar algo así é que compartes datos da túa situación vivindo e que podes encontrarte só na túa vivenda. Rematando, se realmente ten consciencia do que expós publicamente e sabes que iso che pode traer consecuencias para o teu ámbito laboral, tamén se debe pensar antes de subir información só por gardar a túa intimidade que non todos queres que saiban. Por último, a información sobre o teu emprego actual ou proxectos en curso é algo que non convén tampouco publicar.

Agora tócavos a vós… Que credes sobre estas “normas” que nos dan para que publiquemos en redes sociais? Cumprides algunhas? Cales engadiriades? Son demasiado esaxeradas?

 

Comentarios

  • Carla Garabal

    Nereida que entrada tan interesante!!! estoy de acuerdo contigo en absolutamente todo pero también he de decir que es algo muy común, es decir, a veces este tipo de información la ponemos sin darnos cuenta o simplemente, porque nos la piden para alguna cuestión y la cubrimos sin pensar a que manos pueda llegar. Yo reconozco que mis datos seguro que andan circulando por ahí, ademas seguro que si ponemos mi nombre o el tuyo en internet nos aparecen datos que ni siquiera sabemos que estan colgados, como comenté en una entrada anterior de nuestra compañera Ixchels sobre el cifrado de whatsapp, es muy complicado frenar la cantidad de información que figura en internet y sobre todo, controlar las medidas de seguridad!

  • Clara Rossi

    Queria contestaros con un video que habla de eso


     

  • Nerea Lorenzo

    Muy buen vídeo!! Me gusta Clara Rossi!!