5. Conclusións

5. Conclusións

Última actualización de en Sara Pereira Gómez

Despois de todo o dito o longo do portafolios chega o último epígrafe no cal quedan reflectidas as conclusións finais. Estas completan a reflexión realizada sobre a materia e os comentarios dos epígrafes anteriores.

Retomo o tema do fío condutor que enlazou todo o portafolios e as noticias que fun publicando. Ata o de agora non pensara que a curiosidade e a reconciliación coas tecnoloxías serían as palabras que entrelazaran este traballo, pero cando pensei no tema que o ía guiar esta saíron soas.

Para min foi moi importante a parte da reconciliación coa tecnoloxía xa que era un lastre ao cale non lle atopaba solución ate que descubrín que o único que me podía axudar era disfrutar desta faceta da realidade.

Espero que as miñas conclusións e os comentarios reflectiran correctamente as ideas que fun colocando e posteando. Sinto que foi unha aprendizaxe significativa dende o primeiro ata o último momento, e que isto non é mais que o comezo do camiño.

 

A miña opinión sobre a asignatura.