4. Parada en boxes: Adentramento na formación do profesorado

Punto 4.jpg

O presente bloque denominado como “Parada en boxes: Adentramento na formación do profesorado”, recóllense aquelas entradas nas que se aluden ós contidos relacionados coa formación inicial, continua e permanente do profesorado, en canto á variedade de modalidades de formación que existe para o profesorado e as institucións galegas que se encargan de promover dita formación. Asigneille este nome porque foron temáticas nas que fixen unha parada plena e moi profunda, ó tratarse de cuestións que suscitaban moito o meu interese e que foron alimentadas a través dos contidos que se foran traballando na respectiva materia e que requirian dun análise en profundidade dos pros e os contras, é dicir, as oportunidades e limitacións na formación do profesorado. Temos que entender que ó igual que un coche, o profesorado precisa dun mantenemento e coidados precisos para que funcionei correctamenta, é dicir, necesita dunha formación que lle permita realizar unha conducción óptima polo seu desenvolvemento profesional, de forma plena e segura.

Ademais tamén se recollen outras entradas nas que se acota o termo formación,  focalizándoo en relación á formación do profesorado baseada nas TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación), é dicir, plasmando as súas necesidades en canto á formación e uso pedagóxico das novas tecnoloxías, indicando en que debería consistir: coñecementos, habilidades e competencias que o profesorado debería adquirir para reducir esa brecha que existe entre escola e sociedade, xa que a primeira se alonxa e non se adapta as expectativas da segunda.

As entradas son: 

As modalidades de formación do profesorado

A rede de formación permanente do profesorado en Galicia

Tarefa 3 e 4: Análise e reformulación do Plan Anual de Formación do Profesorado 2014-2015

Necesidades formativas do profesorado ante a sociedade do coñecemento

A formación do profesorado de cara a un uso pedagóxico das TIC

Estándares de competencia en TIC para docentes