4. Búsqueda do tema central

Realizado o período de reflexión sobre o traballado nun primeiro momento, centreime en buscar unha temática que constituíse un papel central no e-portafolios. Para iso, tomando como referencia publicacións anteriores, decidín establecer a aplicación da tecnoloxía no ámbito educativo como o bloque central. Sen embargo, tamén era tempo para dar cabida a outras temáticas traballadas na clase.

Publicacións como a de novidades educativas ou  innovación educativa, están centradas no emprego das novas tecnoloxías na educación e como a utilización das mesmas favorece nos alumnos a capacidade para estar máis motivados e interesados por aprender. Do mesmo xeito, xorde tamén a idea da compatibilidade ou incompatibilidade das novas tecnoloxías e a ensinanza tradicional, sendo a idea principal a de como favorecer un equilibro entre ambas na escola.

Nesta etapa, tamén son destacables publicacións relacionadas cos temas traballados en clase. Gustaríame recuperar entradas como a que trata o tema da identidade dixital ou a narrativa transmedia. Todos vivimos en relación coas imaxes, sendo un poderoso canle de comunicación; así o reflexa o dito de “ máis vale unha imaxe que mil palabras”. Por outra banda, o tema da narrativa transmedia, aínda que nunca escoitara falar del, si o tiven empregado ou practicado. Dita narrativa a través de varios soportes, permite obter gran cantidade de información, polo que para elo son necesarias unha serie de capacidades (alfabetizacións múltiples), mediante as cales poder facer un uso o máis adecuado posible deses datos que recibimos.