4. Adolescencia, época de cambios.

4. Adolescencia, época de cambios.

Última actualización de en Borja Lapido Tubío

adolescencia Comezamos a adolescencia deixando atrás a infancia, a infancia na que se sostén xa un camiñar firme e con certa seguridade e na que as palabras ían saíndo pouco a pouco pero con certa consciencia e con certa fluidez, pero non todo o específicas que nesta nova etapa deberían ser, pois a medida que tamén avanzamos na materia de Tecnoloxía Educativa o noso vocabulario ten que ser acorde co nivel de profundidade no tema, procurando neste senso uns vocablos mais tecnolóxicos, ainda que iso si, en certa medida algo básicos. O tempo da infancia quedará grabada, como soe ser na maioría dos casos, como un conxunto de recordos que recordar con certa nostalxia pero que acompañarán ao longo da vida a cada persoa.

Agora é cando nos temos que orientar cara a vida adulta, facerse unha idea de como será, producindo isto nas persoas unha situación de cambios, unha explosión dos mesmos, en canto a sentimentos, a personalidade, a autosuficiencia; con isto falo do xurdir das responsabilidades en cada individuo, nas súas tomas de decisións, facendo todo isto da adolescencia ese momento crítico na vida caracterizado polos cambios, cambios que suceden en nos mesmos e tamén na sociedade que nos rodea. 

O punto ata o que se chegara na etapa anterior non era necesario a nivel persoal como a nivel da materia, quedaba claro que a educación e a tecnoloxía non tiñan un achegamento demasiado amigable, mais ben era unha relación forzada; neste momento é onde un mesmo necesita respostas, opinións diversas para mudar o pensamento, iniciando a formación dunhas redes nas que moverte e relacionarte con xente ca que ti cres que é semellante a ti e comparte os teus gustos e similitudes, e que ao mesmo tempo ofrezan unha certa seguridade. De aquí en diante comézanse a tomar unhas decisións que conlevar unha maior responsabilidade por parte do individuo, centrándose tal vez mais na aparición de sistemas capaces de crear novas contornas para a aprendizaxe, como o foi o Stellae durante todo o desenvolvemento da materia.

Con relación a isto, o alumnado debe de mudar non só a imaxe senón que tamén o esencial, os materiais e as teorías da aprendizaxe

teorías aprendizaxe

(Fonte: http://plus.google.com/+Psicologiacientifica/posts.

Isto non significa que só se basee na memorización e posterior reproducción, senón que hai que aprender a facelo, como experimentando con novas ferramentas a imaxe do que desenvolvemos na aula na materia, como a elaboración de infografías, mapas conceptuais ou mesmo o Storytelling.

Logo disto viría unha certa estabilidade, tras superar eses momentos nos que un non se decide do que é ou non é correcto, e na que a construcción da propia personalidade será o eixo central, ao igual que en Tecnoloxía Educativa sería o levar a cabo os recursos e coñecementos recibidos ata agoraa unha utilidade e un ámbito mais persoal tratando de elaborar as propias conclusións deste desenvolvemento.