5. Unha vida por diante.

5. Unha vida por diante.

Última actualización de en Borja Lapido Tubío

Chegados a este punto, tras superar as anteriores estapas, tanto na vida dunha persoa coma na evolución da materia de Tecnoloxía Educativa, represéntase unha visión xeral do vivido nas mesmas, asi como os efectos que estes sucesos provocan en un mesmo e provocarán. Dende o comezo, todo ese conglomerado de diferentes coñecementos e experiencias se foron introducindo na cabeza e mediante as diferentes ferramentas foron tomando forma e reflexionando sobre os mesmos para acadar algo duradeiro e sólido que sirva para constituír unha base sobre a cal seguir medrando e enriquecendo o propio coñecemento.

Con esta fase non quero facer unha descrición como nas anteriores, xa que é unha fase que aínda está por vivir e por descubrir, na que grazas aos saberes obtidos podemos mudar as nosas actitudes e posicionamentos cara certos aspectos que nos asaltaron e nos asaltarán; podendo así facer un exercicio de recapacitación de cara ao noso futuro.

Un futuro no que o profesional será a maior preocupación, un futuro que ligado ás novas tecnoloxías como eixo central da sociedade actual e vindeira marcará e guiará todas aquelas prácticas tanto sociais, persoais e profesionais. Todo isto sempre dende unha perspectiva aberta e empática, na que mediante o intercambio e a retroalimentación, con unha contínua formación e ganas de aprender en todo momento, seremos nos mesmos os donos e responsables do que queremos facer nas nosas vidas e cómo facelo.

Como apunte final, non debemos de caer, tanto no persoal como no profesional, nunha vagancia desmesurada que permita que os nosos procesos se vexan damnificados por iso, buscando sempre unha razón pola cal estar en contínua actualización e reciclaxe, acompañando aos tempos tal e como transcorren.

Pois agora sí, ata aquí chega este relato, non sen antes dicir que non se trata dun final establecido, senón de uns puntos suspensivos que deixen opción libre de cada un de como continuar este percorrido....

continuar

(Fonte:http://pixabay.com/es/pizarra-educaci%C3%B3n-de-personas-adultas-583692/ )