4. Volvendo a encamiñarme

4. Volvendo a encamiñarme

Última actualización de en Judith Viqueira Díaz

Como di Julio Cortázar "Nada está perdido se se ten o valor de proclamar que todo está perdido e hai que comezar de novo".

E iso era o que me tocaba a min, comezar de novo, volver a intentalo con máis ganas e ilusión se cabe. Despois de acudir a titoría e aclarar as miñas dúbidas sobre o camiño que seguir, sobre que direccción tomar, volvín a revisar toda a materia tratada na aula e escollín aqueles conceptos que a min me parecían máis interesantes, xa que era moi complicado tratar todos os temas e conceptos que se impartiron na aula.

Nesta nova etapa tratei a busca da información, xa que foi algo que xa o primeiro día da clase me sorprendeu, porque me decatei de que non sabía buscar na internet, por iso decidín adicarlle un blog a este tema (http://stellae.usc.es/red/blog/view/143836/busca-de-informacion) onde me familiaricei cos termos de ruido documental silencio documental, como facer unha boa busca e os operadores booleanos.

Outro tema que tamén me chamou a atención foi a chamada web 2.0 (http://stellae.usc.es/red/blog/view/144107/web-20) e de todos os soportes que xurdiron a raíz dela, como explico no meu blog.

A infoxicación (http://stellae.usc.es/red/blog/view/144147/infoxicacion) tamén foi outro dos temas dos que falei, xa que foi un termo que coñecín nesta materia e do que nunca oíra falar, aprendín a identificar se estamos infoxicados e como reaccionar ante unha infoxicación para deixar de estalo.

O tema do e-learnig (http://stellae.usc.es/red/blog/view/144252/unha-mirada-sobre-o-e-learning) tamén é algo que me gusta e que quería tratar porque hoxe en día dende o meu punto de vista non goza da reputación que se merece. Aprendín que existen varias modalidades de e-learning dende o punto de vista da presencialidade e dende o punto de vista do soporte.

O último tema que tratei foi sobre a competencia dixital ¿que é?  (http://stellae.usc.es/red/blog/view/144377/competencia-dixital-%C2%BFque-e, onde comprendín un pouco más o que é e todo o que abarca e tamén porque foi o tema que tratamos no noso vídeo grupal.

Así foi como estruturei a miña nova andaina cara esta nova meta, facendo con moitas ganas e moita ilusión.