5. REDESCUBRINDO

5. REDESCUBRINDO

Última actualización de en Raquel Vázquez

Cando iniciei esta andaina polas escaleiras que me levan a cima do coñecemento,  non fun consciente do moito que podÍa aprender. Redescubrín o concepto de tecnoloxía, eu so a vía como redes sociais, móbiles, tablets, etc. Pero é máis moito máis, é unha ferramenta para a nosa aprendizaxe, un medio co que aprender máis e mellor. A través dos xogos que podemos atopar na rede os nenos poden aprender e interesarse por facelo, e para min a entrada sobre a gamificación é das máis importantes porque con ese termo descubrín unha nova forma de aprender que pode axudar ós nenos e adolescentes a interesarse máis por aprender.

O meu aprendizaxe aumentou e coñecín novas formas de buscar inforación, curar contidos, compartilos, etc. Aprendín que é importante un coñecemento aberto, que os demais nos poden aportar moitas cousas e nos a eles. Compartindo os nosos coñecementos cos demais podemos chegar a un saber colectivo que nos pode beneficiar a todos. Quédome  coa experiencia de traballar coa Wikipedia, cousa que nunca antes fixera e co que me decatei que entre todos e axudados pola tecnoloxía podemos conseguir crear un mellor coñecemento colectivo.