5. Profundizando en novos contidos

5. Profundizando en novos contidos

Última actualización de en Lucía Rico

No epicentro da materia, falamos do coñecemento aberto. Para o tratamentod este tema, entre toda a clase, levamos a cabo un xuízo a tres bandas relacionado co caso de Alexandra Elbakyan, acusada por Elsevier e SAGE por crear o portal Sci-Hub. As partes do xuízo eran a defensa da rapaza, a acusación (a editorial Elsevier) e Creative Commos, que lle correspondeu ao meu grupo e decidimos situarnos na defensa de Alexandra.

Grazas a esta actividade puiden comprender e interiorizar conceptos como o de coñecemento aberto, propiedade intelectual, dereitos de autor, software libre, copyright e copyleft. En relación a isto podo dicir que lle dou moita importancia ao coñecemento aberto, software libre e copyleft, xa que están a defender que as obras (previo autorización dos autores e recoñecemento dos mesmos) poden ser usadas, copiadas, distribuidas e poden realizarse traballos derivados a partir delas. Desta maneira estaríase a favoreder o progreso do coñecemento, ao ter acceso gratuíto a obras doutros autores, sen que existan de por medio editoriais intermediarias que se lucren polo traballo doutros e grazas a que a xente queira ampliar o seu coñecemento.

O xuízo resultou moi positivo para min, xa que ademais de traballar o meu pensamento crítico e aumentar os meus coñecementos sobre coñecemento aberto, puidemos traballar en equipo e ver como se aplicarían os conceptos da Tecnoloxía Educativa na vida real.