4. Chegada á cima...seguir subindo?

4. Chegada á cima...seguir subindo?

Última actualización de en Ángela Rodríguez

No tocante a este apartado final, quero resaltar tanto as miñas valoracións con respecto a materia como parte do programa do Grado de Pedagoxía, e as súas aportacións á miña formación como pedagoga; e, por outra banda, unha opinión valorativa sobre a metodoloxía empregada.

En primeiro lugar, sinalar que ao inicio non me atopaba moi ilusionada coa materia. Pode que por non haber tipo moi boas experiencias en materiais anteriores na carreira nas que se empregaba a tecnoloxía, ademais de por non ter moi claro que era que contidos realmente íamos traballar. Tiña claro que a tecnoloxía se implantara nas escolas a través de ordenadores, pantallas dixitais, proxectores... pero, como podía facerse máis educativa? Tendo en conta que a miña experiencia previa coas tecnoloxías ao longo da miña escolarización, a cal expliquei e fixen referencia en varios post, non é de estrañar a miña falta de ilusión inicial.

Porén, unha vez explicada a metodoloxía que se seguiría, este sentimento cambiou. Abriuse ante nós a posibilidade de mostrar os coñecementos que íamos adquirindo a través das explicacións da mestra dun xeito totalmente diferente a o tradicional exame escrito: a través dunha Rede Social! Unha vez descuberto o seu manexo e comezado a publicar post sobre diversos temas relacionados coa materia, o que me resultou máis complexo foi enlazar uns cos outros, así como fundamental, de xeito claro e conciso, as miñas propias ideas. Non obstante, creo que tras a primeira avaliación e os consellos da profesora, puiden conseguir os meus obxectivos respecto desta materia: aprender o máximo posible e a través dunha plataforma actual como son as redes sociais.

A metodoloxía empregada, como xa foi mencionado, permitiume seguir o meu propio ritmo de aprendizaxe, publicar sobre os temas que máis me interesaban, mergullándome neles, e, nalgúns casos, deixado á marxe aqueles outros que non consideraba tan relevantes ou simplemente non me chamaban tanto a atención.

Cabe sinalar o feito de que, facendo valoración da materia, creo verdadeiramente que gañei moitos coñecementos e teño grazas a ela unha mirada pedagóxica moito máis rica, pois a forza que as novas tecnoloxías adquiren na educación é imparable.

Respecto da metodoloxía empregada, admitir que o meu entusiasmo pola materia comezou no momento que se comunicou que empregaríamos unha rede social, pois é para min un elemento completamente novidoso no ámbito educativo, a pesar de ser parte da miña vida cotiá.

Por último, de cara a dar remate a esta actividade de peche da materia de Tecnoloxía Educativa, reivindicar o papel protagonista que as tecnoloxías deberían ter na escola e que, por motivos diversos, aínda non desempeñan. Así mesmo, destacar a relevancia desta materia no Grado de Pedagoxía de cara a sinalarnos un aspecto tan significativo da sociedade actual e tan imprescindible nas nosas vidas como é a tecnoloxía, pero que non está, na maioría dos casos, ben empregada ou introducida na educación; e a importancia de cambiar este feito, o cal nós como pedagogas e pedagogos titulados que seremos nun futuro próximo, poderemos ter a oportunidade de cambiar.