Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

4. Terceira etapa: Asesoramento vs. Orientación.

4)    Terceira etapa:

 

segunda etapa do camiño.jpg

Tralas dúas etapas anteriores do noso camiño, as cales serviron para adentrarnos no asesoramento, continuamos a viaxe por un lugar máis dificultoso tal e como se pode apreciar na imaxe. Isto é así posto que ó longo desta etapa xurdiu unha cuestión de gran relevancia como é a seguinte: ¿É o mesmo asesorar que orientar?¿Son iguais ou diferentes? ¿En qué cuestións se asemellan? ¿En cales se diferencian? …

 

Por iso, e para tratar de darlle solución a este enigma, centrareime na diferenciación de dous termos como son o asesoramento e a orientación, posto que aínda que son dúas prácticas diferentes tamén se pode dicir que cada vez son máis converxentes.

Desta maneira e empregando o texto de María Mar Rodríguez Romero (1998) denominado “La confluencia del asesoramiento y la orientación como prácticas de apoyo”, tratarase de afondar máis en ambos conceptos coa finalidade de atopar as diferenzas e similitudes entre eles.

 En primeiro lugar e centrándonos nos lazos de parentesco, pódese sinalar que tanto a labor do asesoramento como a de orientación poden ser consideradas prácticas de apoio posto que xurdiron co pretexto de axudar e mellorar diversas accións adicadas á ensinanza e á aprendizaxe entre outros aspectos. Este aspecto está relacionado coa aparición das prácticas de apoio en relación ó xurdimento da escolarización de masas.

Por outro lado, entre os ragos distintivos atopámonos cos seguintes:

-       A orientación: aparece ligada co guidance. É unha labor enfocada cara asuntos profesionais aínda que con posterioridade tamén se corresponde co counselling que inclúe xunto con asuntos académicos, o tratamento de problemas persoais. Desta maneira pódese dicir que a orientación é considerada como unha estratexia de detección, tratamento e/ou prevención de problemas moi variados que repercuten na aprendizaxe e ensinanza ou que mellorarían a vida dos estudantes ou dos clientes que precisen de dita axuda. Esta práctica é levada a cabo por un profesional da educación, o cal se relaciona directamente co suxeito que presenta o problema.

Outro punto importante é que o orientador se relaciona con suxeitos en desvantaxe en comparación con el, é dicir, existe unha situación de xerarquía e diferenza de estatus entre o orientador e o orientado, tendo o primeiro maiores coñecementos e poder que o segundo.

Por outro lado, é conveniente destacar que a orientación é unha práctica que ten unhas estratexias e ferramentas delimitadas.

 

-       Asesoramento: esta práctica procede de termos como “consultation”, “advise” e “advisory services” ou “support”, que fan referencia á reflexión en relación con consellos, recomendacións ou suxerenzas levados a cabo a partir da interacción con outros suxeitos que non padecen o problema que da lugar á petición de axuda ou apoio.

Para profundizar máis nos termos expostos con anterioridade, dicir que o primeiro de eles (consultation) se empregou no campo empresarial, a industria e a organización, case sempre para referirse a persoas externas á institución que aconsellan profesionalmente a ésta ou ós suxeitos pertencentes a ela. En canto ó termo “advise”, éste emprégase no ámbito británico e asignase normalmente a papeis e órganos con funcións de apoio integradas no sistema educativo, nalgúns casos cercanas á inspección. Finalmente, e en relación ó terceiro dos termos (support), sinalar que se trata da axuda que conleva a labor e foi asignado á estrutura organizativa que sustenta a función, os sistemas de apoio e noutras ocasións tamén se utilizou para denominar á persoa que desenvolve labores de asesoramento (axente de apoio) ou aos servizos de orientación.

Desta forma apréciase como neste caso o trato do asesor/a e o asesorado/a é de maneira indirecta, entre os membros da comunidade educativa ou persoal que pretenda mellorar a situación dos clientes comunicándose co profesorado para resolver os seus problemas profesionais. Ademais, cómpre sinalar que as relacións existentes entre eles é de horizontalidade, é dicir, o persoal non mostra diferenzas de estatus nin de poder polo que o trato é de igual a igual.

Finalmente entre os rasgos característicos do asesoramento podemos atoparnos cos seguinte(Rodríguez Romero, 1996) :

  • É un servizo indirecto que recae sobre o profesional que trata coa clientela e non directamente sobre esta.
  • É unha interacción ou comunicación bidireccional dedicada á axuda.
  • Non limita a capacidade de elección e decisión do asesorado/a.
  • Prodúcese entre profesionais do mesmo estatus, sen diferenzas de posición e poder.
  • Os participantes poden ser individuos, grupos ou institucións.
  • Trátanse asuntos e problemas procedentes da práctica profesional.
  • Trabállase sobre a base de acordos negociados.
  • A resolución do problema vai acompañada da capacitación para enfrontarse con éxito a problemas similares.

 

Entre as discrepancias existentes pódese dicir que a forma na que o profesorado participa no asesoramento é a diferenza principal en relación coa orientación. Isto é mentres que a desigualdade entre o orientador e os estudantes é salientable, a existente entre o profesorado e os axentes de apoio non é tan considerable.  Así unicamente o asesoramento é a práctica a través da cal o asesor ten que tratar como igual ó profesorado.

Por outro lado, atopámonos con que o asesoramento é unha práctica menos neta que a orientación, posto que xurdiu da relación con outras labores implicadas co trato directo co profesorado como a formación permanente, a innovación educativa …

En canto ás afinidades entre ambos campos, é conveniente destacar que tanto o asesoramento como a orientación manteñen un compromiso coas labores de axuda, apoio, mellora … Outra coincidencia é que ambas son labores relacionadas co coñecemento experto, é dicir, existe o dominio por parte do experto sobre un campo determinado do saber.

Trala análise do artigo anterior no que se establecía a orixe do asesoramento e a orientación, ademais das diferenzas e discrepacias entre ambos termos, amosase na seguinte táboa dunha forma máis exemplificada as diferenzas entre eles.

 

 

ORIENTACIÓN

ASESORAMENTO

ORIXE

Guidance, Counselling.

Support adviser.

PRÁCTICA

Directa: con estudantes.

Indirecta: con profesores u outros membros da comunidade educativa.

PODER

Asimetría.

Horizontalidade, profesionais co mesmo estatus.

COMUNICACIÓN

Unidireccional.

Bidireccional.

META

Resolución de problemas.

Capacitación asesores/asesorados.

 

Chegamos ó fin desta etapa, pero cun sabor agradable ó conseguir comprender a distinción entre os dous termos e resolvendo desta maneira a dúbida coa que comezamos o percorrido.

Tras isto, atópome preparada para encamiñarme no seguinte reto, a cuarta etapa do camiño.