5.- Bloque V: Ferramentas das que dispoño para elaborar a mochila

Bloque V: ferramentas para confeccionar a mochila 

 

BLOQUE V: FERRAMENTAS DAS QUE DISPOÑO PARA CONFECCIONAR A MOCHILA

       Para poder levar a cabo este modelo de colaboración recoméndase empregar ferramentas que beneficien este modelo. Dentro do amplo abanico do que dispoñemos destaco principalmente tres que axudaran a poñelo en práctica: o desenvolvemento baseado na costura (desenvolvemento baseado na escola), traballar na zona de desenvolvemento institucional e as comunidade de costura (comunidade de aprendizaxe); sendo estas tres as principais estratexias “ferramentas” que podedes empregar para confeccionar a mochila de maneira colaborativa co resto das costureiras da comarca.

      O desenvolvemento baseado na costura (DBE) é unha maneira de traballar dentro do modelo colaborativo que se basea en facilitar e promover a innovación na costura “en” e “dende” os centros de costura, marco dentro do cal toma sentido e significado un perfil específico de costureiras e xastres. Para afondar nesta ferramenta podedes consultar o seguinte enlace: http://stellae.usc.es/red/file/view/48774/desenvolvemento-baseado-na-escola

      Outra das ferramentas que debemos ter en conta para confeccionar a mochila dende a perspectiva colaborativa é a de traballar na zona de desenvolvemento institucional, da cal recollín información dun traballo realizado pola costureira Pilar Irianzo (2012) e do xastre Domingo Segovia. Enténdese que o desenvolvemento institucional no que debo traballar, podo dicir que é a distancia teórica existente entre os avances que poden realizar os demandantes sen a axuda ou coa axuda da costureira ou do xastre, por iso o meu traballo como costureira será conseguir que os demandantes desenvolvan ó máximo as súas potencialidade, sendo o meu obxectivo principal: aumentar a autonomía dos demandantes a cal guiarei mediante a codefinición, corresponsabilización e a colaboración de todos os problemas e solucións que xurdan. No seguinte enderezo podedes atopar información mais detallada sobre a zona de desenvolvemento institucional:  http://stellae.usc.es/red/file/view/48040/nde-nos-debemos-situar-como-asesores-educativos

      A última das ferramentas é traballar mediante comunidades de costura (comunidades de aprendizaxe), xa que grazas a esta estrutura traballamos todos e todas de maneira colaborativa, dende os demandantes (clientes) ata nos as costureiras. Como me parece esta unha ferramenta moi interesante, aportada fundamentalmente polo xastre Ramón Flecha; fixen un acercamento que podedes consultalo no seguinte enlace: http://stellae.usc.es/red/file/view/46976/comunidades-de-aprendizaxe. Ademais na rede atopei unha serie de vídeos que, o meu parecer ilustran moi ben as comunidades de costura, podedes atopalos, xunto con comentarios meus no seguinte enlace: http://stellae.usc.es/red/blog/view/47658/comunidades-de-aprendizaxe-videos

      Creo que tras este acercamento a miña futura tarefa como costureira (asesora), xa podo comezar a confeccionar a miña propia mochila que me acompañará durante toda a profesión de costura, sendo este o tema central do próximo bloque.