5. Labores de mantemento: Asesoramento Curricular e Profesional

5.  Labores de mantemento: Asesoramento Curricular e Profesional

Imaxe 8

Unha vez plantadas as sementes, a nosa horta require duns coidados básicos que consistirán en regar, quitar as malas herbas, eliminar plagas que afectan ás coseitas, etc. para conseguir un bo cultivo. Do mesmo xeito, a Administración Educativa e a menor escala os centros educativos e os profesionais dos mesmos tamén deben estar en continua renovación, pois é algo fundamental para que o sistema educativo avance e non quede obsoleto con respecto á sociedade.

Na actualidade atopámonos con centros cunha gran diversidade de alumnado, polo tanto debemos adaptar as escolas ás necesidades dos mesmos, de forma que se consiga responder as características de todos e cada un dos alumnos. Para dar resposta a diversidade do alumnado, a labor dos asesores psicopedagóxicos é fundamental tanto a través do asesoramento profesional como curricular.

Nesta liña, o asesoramento profesional diríxese ó desenvolvemento da mellora da escola mediante a capacitación profesional dos profesores. O asesor convertese de esta forma nun facilitador do desenvolvemento de innovacións educativas, á vez que dinamizador da acción didáctica dun centro, proporcionando apoios e recursos, promovendo o traballo cooperativo, etc.

Os novos desafíos que se lle presentan á escola esixen profesores comprometidos e en formación continua, pois a complexa profesión da docencia leva inmersa a necesidade dunha actualización e mellora permanente dos profesionais do ensino. Esta actualización ou formación permanente é fomentada e facilitada, actualmente, por centros como o CAFI (Centro Autonómico de  Formación e Innovación)  ou o CEFORES  (Centros de Formación e Recursos).

 

O maior desenvolvemento profesional implicará, ó mesmo tempo, un mellor desenvolvemento curricular e á inversa. Nesta liña, é necesario centrarnos na análise sobre o currículo, pois a súa importancia é innegable, posto que recolle os propósitos educativos, os contidos, estratexias de ensino- aprendizaxe, prácticas de evaluación, etc. que emprega un centro. É dicir, dentro do currículo fíxanse as oportunidades que a escola ofrece os seus alumnos, polo que é necesaria unha revisión constante do mesmo, e neste sentido o asesoramento curricular xoga un papel fundamental. 

 

O asesoramento curricular pode entenderse como un espazo de toma de decisións, no que o asesor traballe codo a codo co Equipo Directivo, considerado como un membro da Comunidade Educativa, no que o traballo por proxectos abrace diversas materias nun contexto determinado. Este traballo por proxectos, conta cunha longa tradición pedagóxica, pois foi creado a principios do S.XX, pero como se observa dentro do asesoramento segue a estar moi presente, polo que farei unha aproximación a este método creado William Heart Kilpatrick.

Outra das principais funcións do asesoramento curricular é a Atención á Diversidade, como se citaba nun comezo, co fin de conseguir a adaptación dos procesos de ensino-aprendizaxe ás características de  todos os alumnos, cóntanse con diferentes niveis de concreción curricular. Ó longo do documento faise referencia ó traballo realizado polo Departamento de Orientación pois ten unha labor fundamental nesta cometido. Recóllese, ademais, un pequeno apartado referido á LOMCE (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa) e a forma en que esta lei abarca a atención á diversidade.

 

Imaxe 9